O día 12 de xaneiro de 2026 inícianse os traballos de investigación da propiedade. Levaranse a cabo nas datas sinaladas no calendario de atención a propietarios no LOCAL SOCIAL DE ROÁS (antiga escola).
Os planos estarán expostos no propio Local Social de Roás e nas instalacións do Concello de Cospeito.
Ponse a disposición dos interesados o modelo de representación que as persoas declarantes deberán traer asinado polo propietario ou propietarios aos cales vaia a representar, así como o DNI de ditos propietarios e o del mesmo. |